Maddaddam, adquirida pola Hulu

912

A Hulu vai desenvolver unha série que adapte para a tele MaddAddam, unha triloxía de novelas orixinal da canadiana Margaret Atwood, a mesma autora de The Handmaid’s Tale, para a Paramount Television Studios e a Anonymous Content.

O guionista do filme Assassin’s Creed, Michael Lesslie, que ven de abandoar o proxecto de relanzamento de Battlestar Galactica na Peacock no que está a traballar Sam Esmail coma produtor executivo, será quen escriba o episódio piloto e ademais produza esta nova série.

MaddAddam é un thriller apocalíptico publicado en 2013 que remata a triloxía distópica que comezou con Oryx and Crake (2003) e continuou con The Year of the Flood (2009). O protagonista da saga é Jimmy, quen loita pola súa vida nun mundo postapocalíptico dominado por animais xeneticamente modificados e onde seica é o derradeiro ser humano supervivente dunha terríbel pandémia.

A primeira novela da triloxía, Oryx and Crake, foi traducida ao galego en 2018 e os seus dereitos para a tele foran adquiridos en 2014 por Darren Aronofsky, pero a HBO cancelou o proxecto dous anos despois sen chegar a comeza-lo.