Helen Mirren é a mala de Shazam 2

30

Helen MirrenA gañadora do Oscar á millor actriz en 2007, Helen Mirren, ven de se unir ao elenco de Shazam! Fury of the Gods, a secuela de Shazam! que producen a Warner Bros. Pictures, a New Line e a DC Films. Mirren fará o papel da vilá Hespera, filla de Atlas, nesta continuación do aclamado filme de 2019. Mirren e mais Rachel Zegler interpretarán a dúas irmás que pode que teñan, ou non, malas intencións.