O actor Pierce Brosnan, a quen todos os fans recoñecen decontado grazas aos catro filmes que fixo no papel de James Bond, debutará no mundo dos superheroes interpretando ao Dr. Fate na vindeira longametraxe Black Adam que producen a New Line, a Warner Bros. Pictures e a DC Films.
Coa fichaxe de Brosnan coma o enmascarado dourado, compléta-se a clásica equipa da Sociedade da Xustiza e o derradeiro membro clave úne-se a Aldis Hodge coma Hawkman, Noah Centineo coma Atom Smasher e Quintessa Swindell coma Cyclone.
A versión que fará Brosnan é a de Kent Nelson, o fillo dun arqueólogo que aprendeu habilidades máxicas e foi agrazado co máxico Casco do Destino. Marwan Kenzari (Aladdin, The Old Guard) tamén foi confirmado para un papel, que polo de agora se mantén en segredo.
No posto protagonista continúa Dwayne Johnson coma Black Adam, nunha longametraxe que segundo os estudos tentará atopar un sendeiro intermédio entre os filmes de superheroes mais familiares e os mais multi-xeracionais, o que se traduce coma que non será só para nenos.
A rodaxe ten previsto comezar en abril en Atlanta baixo a dirección do realizador catalán Jaume Collet-Serra e coa produción de Johnson, Dany Garcia, Beau Flynn e Hiram Garcia. Rory Haines e Sohrab Noshirvani escribiron a última versión do guión.