Fukunaga e as pantasmas de Tóquio

516

O realizador Cary Fukunaga (True Detective) dirixirá unha longametraxe que adaptará ao cinema a série de ciéncia-ficción da Image Comics Tokyo Ghost para a Legendary Pictures.

A história está ambientada no ano 2089, cando a humanidade fíxo-se totalmente adita á tecnoloxía coma xeito de escapar da realidade. Os gardiáns da paz Debbie Decay e Led Dent, que traballan en Los Angeles, reciben unha misión que os levará ao derradeiro lugar ceibe de tecnoloxía na Terra: a nación xardín de Tóquio.

O cómic conta cos debuxos de Rick Remender (Fear Agent) e Sean Gordon Murphy (Chrononauts) e Remender será quen escriba o guión para o proxecto da Legendary. Fukunaga, Jon Silk e Hayden Lautenbach serán os produtores.