A Sony quere unha nova Enmeigada

671

A Sony Pictures ven de comezar o desenvolvemento dunha adaptación ao cinema de Bewitched, a clásica comédia de situación dos anos 60 protagonizada por Elizabeth Montgomery.

Os showrunners de 12 Monkeys e MacGyver, Terry Matalas e Travis Fickett, escribirán o guión, que producen John Davis e John Fox.

A nova versión non será unha meta-comédia romántica confusa coma a película de Nora Ephron de 2005, protagonizada por Nicole Kidman e Will Ferrell, que se estreou con moi malas críticas. No seu lugar, esta tentará adaptar dun xeito mais directo a série orixinal, na que ao longo de oito tempadas unha meiga casaba cun executivo publicitário mentres tentaba agochar os seus poderes e aos seus atoleirados familiares.

Matalas e Fickett están asemade a desenvolver o remake de Witch Mountain para a Disney+ e Matalas ocúpa-se de Star Trek: Picard na Paramount+.