A série de televisión de National Treasure, baseada nas dúas películas de aventuras, acción e mistério que protagonizou Nicolas Cage no cinema, ven de recibir por fin a luz verde para comezar a produción.
O produtor Jerry Bruckheimer e mais os guionistas orixináis Marianne e Cormac Wibberley están atrás desta nova versión de dez episódios que emitirá o servizo de streaming da Disney+, esta vez dirixida a un público mais novo e dende unha perspectiva diferente.
Nos filmes orixinais, Cage era o protagonista no papel de Benjamin Gates, un cazador de tesouros que descubre pistas e segredos agochos na história dos Estados Unidos. Jon Voight, Diane Kruger e Justin Bartha completaban o elenco.
Nombergantes, nesta nova versión o protagonista será a latina Jess Morales, unha rapaza de vintetantos anos que, xunto co seu diverso grupo de amigos, comeza a vivir unha aventura de seu na procura dun tesouro perdido e das orixes da súa misteriosa família.
Os Wibberley escribirán o guión da série, que dirixirá Mira Nair. O proxecto de todos os xeitos non interferirá na terceira entrega para o cinema desta saga, que segundo as últimas novas, contará cos seus catro habituais protagonistas e con Chris Bremner coma guionista.
A primeira e mais a segunda parte de National Treasure contaron cun orzamento de 230 millóns de dólares en total, pero recadaron case 805 millóns de volta nos despachos de billetes.