Ron Moore nun conto de fadas

889

O showrunner de Battlestar Galactica, Ronald D. Moore, adaptará para a tele a saga de novelas para adolescentes A Court of Thorns and Roses, orixinal da escritora Sarah J. Maas, para converte-la nunha série con acción real no servizo de streaming da Hulu.

Moore escribirá o episódio piloto xunto á mesma Maas, nun acordo que inclúe unha forte penalización no caso de que a série non reciba o visto bó. A 20th Television será a produtora.

A série de A Court of Thorns and Roses comezou a se publicar a partir de 2015 e leva polo de agora cinco tomos cuxa protagonista é unha cazadora de 19 anos chamada Feyre Archeron, que após de matar un lobo fada no bosque é transportada ás fantásticas terras de Prythian. A partir dese intre comeza unha aventura entre romántica, épica e de intriga política, na que se namora dun señor das fadas e acaba por loitar por ese amor cando un antigo meigallo ameaza con destruír os reinos das fadas e dos homes.