O rexurdimento da Actividade Paranormal

731

Emily Bader, Roland Buck III, Dan Lippert e Henry Ayres-Brown serán os protagonistas que forman o elenco do vindeiro revival da franquía de Paranormal Activity na Paramount Players, a nova marca da Paramount Pictures que pretende enfocar-se nas propriedades contemporáneas.

A estrea será en todo caso no servizo de streaming da Paramount+ e o seu argumento, aínda que polo de agora se mantén en segredo, servirá para continuar a série coa súa sétima entrega, a primeira dende que en 2015 estreára-se o filme en 3D Paranormal Activity: The Ghost Dimension, que no seu día se vendeu coma a derradeira parte da popular saga de medo.

Will Eubank (Underwater) será o director a partir dun guión de Christopher Landon, ún dos creadores da saga. Jason Blum e Oren Peli producirán o filme.