Static Shock, o comezo dunha saga

432

Randy McKinnon, o guionista da série de fútbol americano Safety no servizo da Disney+ e creador do thriller de deportes Wild Rabbit na Hulu, estreará-se no mundo dos superheroes coa futura adaptación ás pantallas de Static Shock para a Warner Bros. Pictures e a Outlier Society.

O cómic orixinal, que xa deu orixe a unha série de debuxos animados, ten coma protagonista a Virgil Hawkins, un adolescente que se transforma en superheroe con poderes electromagnéticos após de ser exposto a un misterioso gas. A série foi de salientar no seu día por contar cun persoaxe negro coma protagonista, e de feito esa versión dos debuxos animados pasou en 2008 a se converter na oficial nos cómics da DC.

Michael B. Jordan e Reginald Hudlin producen este proxecto, que planea converter-se nun novo universo cinemático centrado nos superheroes negros.