Un Sputnik americano

676

A Village Roadshow Pictures vai-se asociar coa produtora de Matt Reeves, a 6th & Idaho, e mais a XYZ Films, para faceren un remake en inglés do thriller ruso de ciéncia-ficción Sputnik.

Egor Abramenko dirixiu o filme orixinal, que se estreou en Rúsia en abril do ano pasado e que foi a primeira longametraxe que tiña previsto estrear-se nas salas de cinema pero que tivo que ir directa ao mercado de vídeo cando se impuxo o peche por mor do covid. A súa recepción en xeral foi positiva por parte da crítica.

Ambientado na extinta Unión Soviética nos anos 80 durante a guerra fría, a história vai sobre unha médica recrutada polos militares para axudar a un cosmonauta que sufriu un misterioso accidente espacial e que regresou á Terra infectado por un perigoso organismo que agora vive dentro del. Para os espectadores galegos, o filme póde-se atopar actualmente na Amazon.

Os seus produtores serán Reeves, Adam Kassan, Rafi Crohn, Mikhail Vrubel, Alexander Andryushenko, Fedor Bondarchuk e Ilya Stewart.