A série de Obi-Wan Kenobi xa ten elenco

155

Moses Ingram, Joel Edgerton, Bonnie Piesse, Kumail Nanjiani, Indira Varma, Rupert Friend, O’Shea Jackson Jr., Sung Kang, Simone Kessell e mais Benny Safdie veñen de sumar os seus nomes ao elenco da série limitada Obi-Wan Kenobi que o servizo de streaming da Disney+ está a producir.

A LucasFilm anunciou onte as contratacións, que se unen ás xa coñecidas de Ewan McGregor, regresando ao papel do Jedi, e de Hayden Christensen no papel de Darth Vader. Edgerton e Piesse repetirán con case total probabilidade os seus papéis de tío Lars e tía Beru, os parentes adoptivos de Luke Skywalker.

A série será dirixida por Deborah Chow e comezará unha década despois dos acontecementos do Episódio III, Star Wars: Revenge of the Sith. Kathleen Kennedy, Michelle Rejwan, Chow, McGregor e mais o guionista Joby Harold serán os produtores executivos.

A rodaxe ten previsto comezar en abril, pero aínda non ten fixada unha data de estrea.