Reynor entra na Periféria

159

Jack Reynor (Midsommar) será un dos protagonistas da adaptación para a tele da novela de William Gibson The Peripheral que están a producir a Amazon Studios, a Kilter Films e mais a Warner Bros. Television.

O director será o canadiano Vincenzo Natali (responsábel do filme de culto Cube) a partir dun guión de Scott B. Smith. A produción executiva corre a cargo dos creadores de Westworld Jonathan Nolan e Lisa Joy, acompañados por Natali, Smith, Athena Wickham, Steven Hoban e Greg Plageman, quen ademais é o showrunner.

O programa contará con capítulos dunha hora de duración, centrados na súa protagonista Chloe Grace Moretz no papel de Flynne Fisher, unha muller tentando recompoñer os anacos da súa família nun recuncho da América do futuro. Reynor fará de Burton, o irmán de Flynne e veterán dos marines.