A série dos subxugados

133

A Aquarius Films e mais a Anonymous Content van-se asociar para producir a série The Subjugate, baseada na novela homónima de 2018 da escritora australián Amanda Bridgeman.

A história, que é un thriller futurista, vai sobre un par de detectives que en 2040 reciben a misión de investigar unha série de asasinatos nunha comunidade relixiosa que volveu as costas á tecnoloxía e ao mundo moderno.

Os sospeitosos mais óbvios son antigos delincuentes violentos reconvertidos en servos, pero os puritanos cidadáns da vila son hostís e queren evitar que as súas institucións sexan sometidas ao escrutínio dos policías.

A série contará coa produción de Angie Fielder, Polly Staniford, Luke Rivett e Ryan Cunningham. Polo de agora non hai mais detalles dispoñíbeis e non se conta cun guión que adapte a novela.