Mark Romanek regresa á Terra Nai

36

Mais de dez anos despois de rematar o seu último filme, Never Let Me Go, o realizador Mark Romanek volverá a se sentar na cadeira de director coa película de terror Mother Land, que producen a Lionsgate e a 21 Laps.

O thriller vai sobre unha família que está perseguida por un espírito maléfico dende hai anos. A súa seguridade e mais os seus arredores póñen-se en dúbida cando un dos nenos comece a se preguntar se o meigallo é real.

Kevin Coughlin e Ryan Grassby escribiron o guión, que producen Shawn Levy e mais Dan Cohen.

Romanek comezou a levar sona grazas ao seu traballo coma director de vídeos musicais, e logo pasou-se ao cinema co aclamado filme de 2002 One Hour Photo. Chegou a asinar para dirixir The Wolfman e The Strangers, pero ao final abandonou ambos proxectos.