Ancient Aliens, a série pseudo-documental da canle History Channel, dará o seu chimpo ao cinema grazas á Legendary e coa axuda da equipa responsábel de Cobra Kai.
A Counterbalance Entertainment, creadores e showrunners da exitosa série baseada na franquía de Karate Kid que comezou en YouTube e logo pasou á Netflix, porán ao cargo a Josh Heald coma director e produtor, xunto con Jon Hurwitz, Jon Jashni e Hayden Schlossberg.
Luke Ryan escribirá o guión e será o produtor executivo dun filme que será, segundo a Legendary, unha “aventura a dúas mans que abrangue todo o mundo e que presenta sítios e artefactos antigos, confrontando as teorías e preguntas expresadas pola popular docusérie“.
A série, que comezou a se emitir en 2009, e que lanzou á fama a persoaxes estrafalários de toda caste, aborda en termos pseudocientíficos a ideia de que seres extraterrestres visitaron a Terra na antigüidade. Leva xa case 200 episódios e se atopa na súa 16ª tempada.