A Guerra do Futuro é na Amazon

564

A Amazon Studios ven de pechar un acordo coa Skydance para o filme de ciéncia-ficción protagonizado por Chris Pratt The Tomorrow War.

A película, de alto orzamento e dirixida por Chris McKay, fora adiada da súa estrea orixinal de 2002 pola Paramount Pictures por mor do covid, e agora debutará no servizo de streaming o vindeiro 2 de xullo.

No filme, viaxeiros do futuro chegan aos nosos tempos para lle anunciar á Humanidade que estamos a perder unha guerra mundial contra unha perigosa espécie alieníxena. Os mensaxeiros deberán recrutar soldados e civís do presente que queiran ser transportados ao futuro para se uniren á loita.

Pratt fai o papel do profesor de coléxio e pai de família Dan Forester, que está decidido a salvar o futuro para a súa filla pequena. Úne-se a unha brillante científica (Yvonne Strahovski) e mais ao seu pai (J.K. Simmons), a quen non vía dende había tempo.

Betty Gilpin, Sam Richardson e Edwin Hodge son os outros protagonistas deste filme que agora debutará nas redes coa esperanza de recadar de volta unha parte do que investiu na súa produción.