Joe Cornish adaptará Starlight

276

Joe CornishO inglés Joe Cornish, o realizador responsábel de Attack the Block e The Kid Who Would Be King, será o guionista e director da longamente xestada adaptación ao cinema para a 20th Century Studios de série de cómic Starlight, creada por Mark Millar (Kingsman, Kick-Ass). A história vai sobre o heroe intergaláctico Duke McQueen, que despois de asentar-se e formar unha família é chamado para unha derradeira aventura no seu vello foguete.