Vogt-Roberts dirixirá Gundam

967

O director de Kong: Skull Island, Jordan Vogt-Roberts, e mais o guionista Brian K. Vaughan veñen de ficar vencellados á adaptación ao cinema da franquía de anime Gundam, que a Netflix e a Legendary producirán con actores reais.

A série orixinal, Kidō Senshi Gandamu (O Guerreiro Móbil) comezou en 1979 e está ambientada nun universo coñecido coma Universal Century, nunha era na que a xente emigrou ás colónias espaciais por mor da superpovoación da Terra.

Os que viven nas colónias queren independizar-se e comezan unha guerra con batallas loitadas por pilotos robot, os “mobile suits”. A série é unha icona cultural en Xapón, o seu país de orixe, e leva recadados miles de millóns de dólares grazas aos filmes de debuxos animados, videoxogos, xoguetes e libros.

Vogt-Roberts será o produtor e director a partir dun guión de Vaughan, que tamén será o produtor executivo. Vogt-Roberts levaba moito tempo atoado noutra adaptación, neste caso a do videoxogo Metal Gear Solid, pero ese proxecto non avanzou case nada nos últimos anos.