Lucy Liu, unha vilá en Shazam

326

Após do seu paso polo papel de Watson na série Elementary, a actriz Lucy Liu regresará ao cinema para interpretar á vilán Kalypso na vindeira Shazam! Fury of the Gods para a Warner Bros. Pictures, a New Line e a DC Films.

Nesta secuela de Shazam! veremos de novo a Zachary Levi no papel da versión adulta do adolescente Billy Batson (Asher Angel) que se transforma nun superheroe.

O persoaxe de Liu é a segunda filla do titán Atlas e irmá de Hespera, a principal vilá que interpretará Helen Mirren. Rachel Zegler é a outra protagonista confirmada.

David F. Sandberg regresa á cadeira de director e Henry Gayden escribie o guión. A rodaxe ten previsto comezar no mes de maio e a estrea ten data para o mes de xuño de 2023.