Jacob Tremblay úne-se ao Vingador Tóxico

117

O actor canadiano de 14 anos Jacob Tremblay (Room, Doctor Sleep) será o co-protagonista xunto a Peter Dinklage na comédia que Macon Blair proxecta para a Legendary, unha nova versión da clásica franquía da Troma de baixo custe dos anos 80 Toxic Avenger.

Nesta versión, cando un home común e corrente é lanzado a unha cuba de residuos tóxicos, transfórma-se nun monstro mutante que debe pasar de marxinado a heroe desvalido nunha carreira por salvar ao seu fillo, os seus amigos e á súa comunidade das forzas da corrupción e a codícia.

Lloyd Kaufman e Michael Herz serán os produtores do novo proxecto, que continúa a estela da franquía composta xa por vários filmes, un musical para o teatro, unha série de debuxos animados para nenos e un cómic da Marvel.