Gabriel Luna é o novo derradeiro de nós

865

O actor Gabriel Luna (Ghost Rider en Agents of S.H.I.E.L.D.) é a mais recente incorporación ao elenco da série The Last of Us na HBO e convérte-se de feito no terceiro despois de Pedro Pascal e Bella Ramsey para os papéis de Joel e Ellie respectivamente.

Luna será Tommy, o irmán pequeno de Joel e antigo soldado que aínda conserva un senso de idealismo e esperanza nun mundo mellor.

A série, baseada no aclamado videoxogo homónimo para a PlayStation publicado pola Naughty Dog, ten lugar vinte anos despois de que a civilización fora destruída por unha infección global no cerebro causada por un fungo. O seu protagonista é Joel, un duro supervivente que é contratado para ceibar a Ellie, atrapada nunha opresiva zona de corentena. Pero o que semella ser un traballo sinxelo convérte-se nunha brutal viaxe a través dos Estados Unidos, onde ambos dependen do outro para sobreviviren.

O creador de Chernobyl, Craig Mazin, é o guionista e produtor executivo xunto a Neil Druckmann, o guionista e director creativo do xogo orixinal.