Mulligan, a muller do astronauta Sandler

899

A actriz inglesa Carey Mulligan ven de unir o seu nome ao elenco de Spaceman, a nova longametraxe de ciéncia-ficción que Adam Sandler fará para a Netflix.

Sandler interpreta a un astronauta enviado ao estremo da galáxia para recoller un misterioso antigo pó, pero alí a súa vida comeza a caír a anacos e víra-se cara unha voz que seica pretende axuda-lo, unha creatura provinte dos comezos do tempo que se agocha nos recunchos da súa nave. Mulligan fará o papel da muller do astronauta.

O proxecto está baseado na novela The Spaceman of Bohemia, escrita en inglés polo escritor checo Jaroslav Kalfař e está dirixido polo gañador dun Emmy Johan Renck (Chernobyl) a partir dun guión de Colby Day. Channing Tatum, Reid Carolin, Peter Kiernan e Michael Parets son os seus produtores.

Polo de agora non hai datas fixadas para o comezo da rodaxe nin para a súa estrea.