Os Imperfectos de Italia Ricci

223

A Netflix quere repetir o seu éxito con The Order e ven de lle encargar á mesma equipa responsábel unha nova série de ciéncia-ficción de dez episódios titulada The Imperfects, que contará con Italia Ricci (Banshee en Supergirl) coma protagonista.

O drama xira ao redor de tres persoas de vintetantos anos quen, após dun frustrado experimento xenético, se converten en monstros que deben unir-se para perseguir ao científico responsábel e obrigar-lle a que os faga humáns de novo.

A produción correrá a cargo de Dennis Heaton, Shelley Eriksen e Chad Oakes, quen xa traballaran xuntos en The Order, e de Michael Frislev, da Nomadic Pictures. Heaton será ademais o showrunner, produtor executivo e guionista, e Eriksen será tamén guionista e produtora executiva.

Ricci interpreta á doutora Sydney Burke, unha brillante científica que tenta reparar os seus erros pasados, tanto profesionáis coma éticos, aliándo-se con Abbi (Rhianna Jagpal), Juan (Iñaki Godoy) e Tilda (Morgan Taylor Campbell) para atoparen ao responsábel dos seus terríbeis destinos.

Rhys Nicholson será o doutor Alex Sarkov, un antigo neno prodíxio que rexeita a axuda ou a interferéncia de ninguén para acadar o seu obxectivo de re-escribir o xenoma humán e entrar na seguinte fase da evolución humana. No elenco participan asemade Celina Martin e Kyra Zagorsky.