O portugués Joaquim Dos Santos, xunto a Kemp Powers e Justin K. Thompson, formará o grupo de tres directores da secuela do filme de debuxos animados da Sony Pictures Animation Spider-Man: Into the Spider-Verse que gañou o Oscar en 2018. O nome de Dos Santos xa fora anunciado con anterioridade, pero o trío seica estaba a traballar conxuntamente dende o comezo.
Phil Lord, Chris Miller, Amy Pascal, Avi Arad e Christina Steinberg regresan para a produción, mentres que o director da película orixinal, Peter Ramsey, será o produtor executivo xunto a Aditya Sood.
Ademais, Lord e Miller unirán-se a David Callaham (Shang-Chi and the Legend of the Ten Rings) coma guionistas.
Nun comunicado conxunto, o trío de directores di: “A equipa atrás de Spider-Man: Into the Spider-Verse estableceu unha barra tan ridiculamente alta, e temos a humildade de aceptar o desafío de trazar o próximo capítulo na história de Miles Morales“.
Powers co-dirixira anteriormente o filme da Pixar Soul e escribiu o guión de One Night in Miami. Thompson traballou coma deseñador de produción no primeiro filme do Spiderverso e pola súa banda Dos Santos é un veterán da animación que conta entre os seus cretos con episódios de The Legend of Korra, Justice League Unlimited, Teen Titans, Avatar: The Last Airbender e Voltron: Legendary Defender.
Spider-Man: Into the Spider-Verse ten prevista a súa estrea para o 7 de outubro de 2022.