Vin Diesel no combate dos robots

167

Vin Diesel será o protagonista e produtor dunha longametraxe con acción real baseada no clásico xoguete de boxeo Rock ‘Em Sock ‘Em Robots para a Mattel Films e a Universal Pictures.

O autor de Rampage, Ryan Engle, escribiu o guión deste filme, que vai sobre un pai e mais un fillo que forman un estraño vencello cunha sofisticada máquina de guerra.

Rock ‘Em Sock ‘Em Robots é un xoguete de acción para dous xogadores concibido pola empresa Marvin Glass and Associates e foi fabricado por primeira vez pola xogueteira Marx en 1964. Amosa a dous robots boxeadores, Red Rocker e Blue Bomber, manipulados mecanicamente polos xogadores, que gañan cando ún bate coa cabeza no adversário. A versión de 2000 que foi xa fabricada pola Mattel presenta robots fisicamente mais pequenos.

O proxecto ten un tón de acción e aventura e será producido por Diesel e Samantha Vincent.

A xogueteira Mattel ten pendentes outros proxectos para levar ao cinema os seus produtos mais populares. Entre eles, as bonecas Barbie e Barney, o xogo de coches Hot Wheels e a clásica bóla Magic 8.