Ás de fogo na Netflix

194

A Netflix ven de anunciar a produción de Wings of Fire, unha nova série de debuxos animados que contará co apoio da realizadora Ava DuVernay e da ARRAY Filmworks.

Con episódios de 40 minutos de duración, e baseada na saga homónima supervendas da escritora venezolana Tui T. Sutherland editada pola Scholastic, a série vai sobre unha amarga guerra loitada ao longo de xeracións entre as tribos de dragóns que habitan o épico mundo de Pyrrhia.

Segundo a profecía, cinco dragóns mozos erguerán-se para remataren co baño de sangue e traer a paz de volta á terra. Criado e adestrado en segredo dende o intre no que saíron dos seus óvos, embárcan-se nunha procura en evolución que os enfrontará ao seu verdadeiro eu e ao asoballante alcance desta guerra salvaxe.

A Warner Bros. Animation encargará-se da produción do proxecto con Dan Milano, Christa Starr e Justin Ridge coma showrunners e produtores executivos.