Kretschmann en Indiana Jones 5

87

Thomas KretschmannO actor alemán Thomas Kretschmann (Captain America: The Winter Soldier, King Kong, Westworld) é a mais recente incorporación ao elenco do vindeiro filme de James Mangold, a quinta entrega da saga de Indiana Jones para a Lucasfilm. O papel de Kretschmann non foi revelado, pero o seu nome úne-se aos de Harrison Ford, Phoebe Waller-Bridge e Mads Mikkelsen. Polo de agora só se sabe que unha parte do filme terá lugar nos anos 60 en New York.