Erskine en Obi-Wan Kenobi

177

A actriz e comediante Maya Erskine ven de asinar o contrato polo que entra no elenco da série da Disney+ de Obi Wan Kenobi nun papel non especificado, pero que aparecerá cando menos en tres dos seus seis episódios.

A história, na que Ewan McGregor repite o seu papel de mestre Jedi e Hayden Christensen regresa coma Darth Vader, está ambientada dez anos despois dos acontecementos do episódio III, Revenge of the Sith, e todos os membros da Orde dos Jedi foron asasinados ou atópan-se no exílio.

Polo de agora hai constáncia doutros seis actores na série: Joel Edgerton, Bonnie Piesse, Kumail Nanjiani, Indira Varma, Rupert Friend e mais O’Shea Jackson Jr.

A rodaxe ten previsto comezar este mes e a estrea agárda-se para 2022.