Russell Crowe ven de revelar que interpretará a Zeus, o pai dos deuses do Olimpo, no vindeiro filme de Taika Waititi Thor: Love and Thunder.
Falando nunha entrevista nunha rádio australiana, Crowe revelou que xa rematou o seu derradeiro día de rodaxe no filme. A súa participación estaba até agora dentro dos rumores, pero non había confirmación sobre a nova, nin sobre que papel faría.
O deus grego Zeus aparece nos cómics da Marvel cunha história semellante á dos mitos orixinais e xa mantivo algunhas batallas contra Thor, mesmo aínda que ambos pertencen a panteóns distintos.
Chris Hemsworth, Natalie Portman, Christian Bale, Tessa Thompson, Chris Pratt, Matt Damon e Vin Diesel son os protagonistas de Thor: Love and Thunder, que chegará ás salas de cinema o 6 de maio de 2022.