A parella do Falcón escribe Capitán América 4

984

Malcolm Spellman, o guionista principal e creador da série recentemente rematada The Falcon and the Winter Soldier para a Marvel Studios TV, ven de se facer cun novo e salientábel traballo.

Spellman formará equipa xunto a Dalan Musson, outro dos guionistas da devandita série, para escribiren a cuarta entrega da franquía de Captain America. Spellman e Musson co-escribiron xa un primeiro esbozo do proxecto, para cuxo elenco aínda non hai nomes anunciados.

Até agora, Chris Evans interpretou a Steve Rogers, a versión mais coñecida do Capitán América nun trío de filmes nos que el foi o protagonista, e en catro filmes adicionais onde apareceu liderando aos Vingadores. Na série The Falcon and the Winter Soldier, Sam Wilson, interpretado por Anthony Mackie, fai-se co posto.

Polo momento non hai director vencellado ao proxecto, e a participación de Evans, ou o seu regreso, está aínda por confirmar.