Žbanić e Abbasi, directores en The Last of Us

947

A realizadora bósnia nominada ao Oscar Jasmila Žbanić e mais o iraní Ali Abbasi serán os directores, xunto ao xa anunciado ruso Kantemir Balagov, da agardadísima adaptación á tele da franquía de videoxogos da PlayStation The Last of Us que producirá a HBO.

Balagov, responsábel da longametraxe rusa de 2019 Dylda, encargará-se do episódio piloto que asentará o tón da série. Os seguintes episódios contarán xa con Žbanić, autora da fita nominada ao Oscar este ano Quo Vadis, Aida, e con Abbasi, cuxo filme Border gañou o prémio da sección Un Certain Regard de Cannes en 2018.

Todos eles unen os seus nomes aos dos produtores executivos Neil Druckmann e Craig Mazin (creador de Chernobyl), que ademais escriben os guións deste proxecto.

Pedro Pascal e Bella Ramsey son os protagonistas da série que adapta a história dun vello mercenário e dunha rapaza que viaxan a través duns Estados Unidos post-apocalípticos nunha loita pola súa supervivéncia.

A rodaxe dará comezo o mes de xullo.