O novo selo da DC Comics, chamado DC Horror, comezará a súa andaina no mercado editorial estreando The Conjuring: The Lover, unha série limitada de cinco números que se describe coma un prelúdio do vindeiro filme The Conjuring: The Devil Made Me Do It.
O cómic expande a tráxica história de Jessica, unha estudante do primeiro ano na universidade que regresa ao campus despois dunhas vacacións coa clara suspeita na súa mente de que está a ser vixiada. Axiña decáta-se de que hai algo maléfico que a converteu no seu obxectivo e que non descansará até acada-lo. A pregunta é, por que esta sinistra presenza enfóca-se nunha rapaza aparentemente normal?
A série do cómic tamén engadirá algunhas explicacións e histórias de fondo para algúns dos obxectos que Lorraine e Ed Warren gardan na súa habitación de artefactos dentro do universo de The Conjuring.
O filme pola súa banda presenta unha vez mais a Lorraine e Ed Warren (Vera Farmiga e Patrick Wilson) investigando o caso de Arne Cheyenne Johnson, un rapaz que está a ser xulgado por asasinato e que asegura que un demo que o posuíu obrigou-no a matar.
O cómic conta cun guión do responsábel do filme, David Leslie Johnson-McGoldrick xunto con Rex Ogle e con debuxo de Garry Brown. Tanto o cómic coma o filme estrearán-se o vindeiro 4 de xuño.