Wingard en mais filmes de monstros

128

Após do éxito do realizador Adam Wingard co seu Godzilla vs. Kong xa sobrepasando a barreira dos 400 millóns de dólares de recadación a nivel mundial, o que supón un récord con moito mérito en tempos de pandémia, a Legendary quere continuar adiante co seu “Monsterverso”, que en princípio remataba con este filme.

Os estudos están a manter conversas con Wingard para tentar convence-lo de que dirixa unha nova quenda de filmes de monstros, o que sinificaría para el ser o primeiro director que regresa á série. Polo momento non hai datas para o proxecto e Wingard ten moito choio pendente, coa secuela de Face/Off e a película dos Thundercats na súa axenda.

Nombergantes, seica tanto Wingard coma a Legendary teñen un par de ideias das que xa falaron, entre elas unha chamada Son of Kong. Mentres tanto, Godzilla vs. Kong aínda está pendente de estrea en algúns mercados salientábeis, coma Inglaterra, Xapón ou Brasil, polo que o despacho de billetes está lonxe de estar pechado.