Após de mais de dous anos vencellado ao papel, o actor Noah Centineo (To All the Boys I’ve Loved Before) ven de deixar o proxecto de longametraxe de He-Man que relanzaría o persoaxe dos Masters do Universo para a Sony Pictures e a Mattel Films.
Centineo ía ser o protagonista no papel do príncipe Adam/He-Man, o home mais poderoso do universo que debe loitar contra o malvado Skeletor para salvar ao planeta Eternia e protexer os segredos do castelo de Grayskull. O representante do actor confirmou que o contrato está roto.
Aaron e Adam Nee escribirán o guión e dirixirán a película, que foi obxecto de moitos intentos ao longo dos anos. O mesmo David S. Goyer escribiu un guión inicial, pero tamén o fixeron Christopher Yost, Matt Holloway e Art Marcum.
Centineo non abandoa o mundo dos superheroes musculosos, porque está a rodar o filme Black Adam e ademais ten pendente unha série de espías da CIA producida por Doug Liman.