Banks é a nova Pebbles Flintstone

32

Elizabeth BanksA Warner Bros. Animation e a FOX veñen de anunciar Bedrock, un proxecto de debuxos animados para adultos que servirá coma secuela do clásico The Flintstones, e que contará con Elizabeth Banks coma protagonista e produtora executiva. A série estará ambientada vinte anos despóis da orixinal, con Pebbles (Banks) e Bamm-Bamm nos papéis principais. Por suposto, hai que relembrar que esta versión non é nova, porque xa nos anos 70 emitiu-se Pebbles and Bamm-Bamm Show, con exactamente o mesmo argumento.