O Espantallo pása-se aos bós

35

Vincent KartheiserVincent Kartheiser (Angel) ven de se unir ao elenco da terceira tempada de Titans na HBO Max. O seu papel será o do superfalcatruán Jonathan Crane, mais coñecido coma o Scarecrow, ou o Espantallo na versión galega. Crane será un recluso do Arkham Asylum que aterroriza a Gotham City usando toxinas que explotan as fóbias dos seus inimigos, pero agora traballa para a policía coma consultor.