Invincible renovada por dous anos mais

67

InvincibleA série Invincible, que a Amazon estreou tan só hai unhas semanas, ven de ser renovada para dous tempadas mais, tan só un día antes de que remate a primeira de oito episódios. O seu protagonista é o fillo de 17 anos do superheroe mais poderoso do mundo, e que comeza a manifestar poderes de seu. Baseada no cómic homónimo de Robert Kirkman (The Walking Dead), Cory Walker e Ryan Ottley, conta cun elenco abraiante: Steven Yeun, J.K. Simmons, Sandra Oh, Seth Rogen, Gillian Jacobs, Mark Hamill, Jason Mantzoukas, Zachary Quinto e Mahershala Ali entre outros.