Aínda que nin a Paramount+ nin o seu showrunner Akiva Goldsman ousan polo de agora corroborar as novas, John de Lancie, o actor que dá vida a “Q” na saga de Star Trek, confirmou os rumores de que haberá unha terceira tempada da série Picard e dixo que o seu falcatrueiro persoaxe aparecerá en seis episódios, e que as tempadas 2 e 3 están a se rodar conxuntamente. Para a segunda, nombergantes polo de agora deberemos seguir agardando até 2022.