Simmons e Spacek nunha de ciéncia-ficción

62

J.K. Simmons, o  mais relembrado J.J. Jameson na saga de Spiderman, será o co-protagonista, xunto a Sissy Spacek, de Lightyears, a nova série da Amazon Studios e a Legendary Television que mesturará drama e ciéncia-ficción.

Ambos actores darán vida a unha parella que hai anos descubriu unha cámara soterrada no seu xardín traseiro, e que inexplicabelmente conduce a un planeta deserto. Aínda que durante moitos anos acadaron manter o seu segredo a resgardo, un enigmático mozo entra nas súas vidas e a súa existéncia cámbia drasticamente.

Simmons substitúe no papel a Ed O’Neill, que tivo que deixar o proxecto por mor de problemas familiares. Daniel C. Connolly será o showrunner e Holden Miller o guionista e produtor executivo. O arxentino José Campanella será o director e produtor executivo dos dous primeiros episódios, cuxa rodaxe ten previsto comezar a finais deste ano.