Ritter senta na cadeira de directora

53

Krysten Ritter, a relembrada protagonista de Jessica Jones, pasará ao outro lado da cámara para debutar coma directora na Peacock dos primeiros catro episódios da série de terror Girl In The Woods, que ao longo de oito partes adaptará á tele a curta da Crypt TV The Door In The Woods e a súa secuela The Girl In The Woods.

A série, ambientada na costa noroeste dos Estados Unidos, narra a fuga de Carrie dunha misteriosa colónia-culto que seica protexe ao mundo contra os monstros agochos após dunha porta secreta no bosque.

Kal Penn e Peyton List protagonizaron os orixinais, pero a série da Peacock terá un elenco totalmente novo. Jacob Chase (Come Play) dirixirá os restantes catro episódios e Casey Modderno (Pet Rituals, The Birch) será o guionista xefe.

Jack Davis e Darren Brandl traballarán coma produtores executivos.