Finn Wittrock será Guy Gardner

937

O habitual de American Horror Story e The Big Short Finn Wittrock será Guy Gardner, o mais salientábel Lanterna Verde, e que por fin aparecerá nas pantallas nunha série de acción real, o proxecto de grande orzamento Green Lantern que producirá a HBO Max.

A nova série reinventará a clásica propriedade da DC a través dunha história que abrangue várias décadas e galáxias. As cousas comezan a rodar na Terra en 1941, co primeiro Lanterna Verde, o axente do FBI e gai en segredo Alan Scott, e en 1984 co arrogante macho alfa Guy Gardner e mais a médio-álien Bree Jarta.

Estes tres unirán-se a toda unha manchea doutros Lanterna Verdes, unha escolma de entre os heroes favoritos dos cómics e outros nunca antes vistos. Gardner coma persoaxe foi representado nos cómics coma unha paródia dun heroe americano super-patriota, machista e militante, ao que é difícil querer.

Greg Berlanti será o produtor executivo da série para a Warner Bros. TV e seica tivo unha conversa co produtor Ryan Murphy sobre a posibilidade de que Wittrock regrese á série Ratched da Netflix, pero dado que este proxecto aínda non conta con data fixa de comezo de produción, chegaron ao acordo de que Wittrock dará prioridade a Green Lantern, que comeza a se rodar este ano.

Ademáis, agárda-se que se anúncie en breve a contratación de Alan Scott, para un papel aínda por definir. A série será a mais cara que Berlanti, o creador do Arrowverso na canle The CW, produciu en toda a súa carreira.

O mesmo Berlanti, xunto a Seth Grahame-Smith e a Marc Guggenheim, escribirán os guións e Grahame-Smith será o showrunner.