The Flash perde a dous protagonistas

83

Cisco RamónCarlos Valdés (Cisco Ramón) e Tom Cavanagh (Harrison Wells), que levaban traballando en The Flash dende que comezou en 2014, abandoan a série. A porta fica aberta para o seu eventual regreso, pero polo de agora marchan ao remate da actual sétima tempada, que a canle The CW continúa a emitir. En breve haberá recámbio: Jordan Fisher coma Bart Allen, e a reaparición de Jessica Parker Kennedy coma Nora Allen.