A Netflix cancela The Irregulars

86

The IrregularsApós dun pouco prometedor comezo, que deixou moi baixas as expectativas, a Netflix decidiu cancelar a súa série para adolescentes The Irregulars, na que un grupo de rapaces supostamente axudan a Sherlock Holmes, pero deixando todos os casos abertos e cunha explicación sobrenatural. A série, de oito episódios, estreou-se só hai un mes e está protagonizada por Thaddea Graham, Harrison Osterfield, McKell David e Darci Shaw.