O novo Superman negro

806

Vários médios hollywoodenses están a informar de mais detalles sobre o novo filme de Superman que prepara a Warner Bros. Pictures. O proxecto, que contará coa produción de J.J. Abrams e cun guión do prestixioso Ta-Nehisi Coates, non gardará relación co persoaxe que interpreta Henry Cavill no universo cinemático da DC.

O filme será polo tanto do xeito de The Batman, a longametraxe de Matt Reeves que ía estrear-se este ano pero que por mor do covid está pendente de aparecer nas carteleiras. O guión de Coates é autoconclusivo e ambientado nun universo de seu, pero aínda está por escribir e non se agarda te-lo listo até finais de ano. Coates está a considerar a opción de ambienta-lo no século XX e de contar a história clásica do neno kriptonián Kal-El que chegou á Terra e medrou coma Clark Kent.

Polo momento aínda non se conta cun director, pero a Warners quere atopar un realizador negro e tamén cun actor negro que se faga co papel de Kal-El. Michael B. Jordan (N’Jadaka en Black Panther) rexeitou os rumores de que os estudos se lle achegaran coa proposta para ser o novo Home de Aceiro.

En todo caso, se o guión non está rematado até decembro, o filme non chegaría ás pantallas até 2023 ou 2024 coma moi cedo.