Hanna John Kamen é Red Sonja

134

A inglesa Hannah John-Kamen, a vilá en Ant-Man and the Wasp e F’Nale Zandor en Ready Player One, é a nova elixida para o papel protagonista do filme Red Sonja na Millennium.

O proxecto de espada e bruxería, que leva en desenvolvemento mais de dez anos, conta polo momento con Joey Soloway coma directora, e cun guión que ela mesma escribiu xunto a Tasha Huo (a autora da série de debuxos animados Tomb Raider na Netflix).

O persoaxe, unha feroz e poderosa guerreira, foi creado nos cómics da Marvel na série de Conan o Bárbaro a princípios dos anos 70, é unha mestura de vários outros persoaxes aparecidos nas novelas do creador orixinal de Conan, Robert E. Howard, nos anos 20 do século pasado.

Nun comunicado Soloway dixo: “Hannah é unha actriz con moito talento á que seguimos dende hai anos e ela É Red Sonja! O seu rango, sensibilidade e forza son todas as calidades que procurabamos e non poderiamos estar mais emocionados de nos embarcar nesta viaxe xuntos“.

A John-Kamen pola súa banda poderemos ve-la a partir de setembro en Resident Evil: Welcome to Raccoon City.