A fita perdida de Romero

643

The Amusement ParkA canle Shudder ven de fixar o 8 de xuño coma data de estrea para The Amusement Park, o lendário filme “perdido” do director George A. Romero. A longametraxe foi recentemente descuberta e restaurada en 4K por IndieCollect, a fundación George A. Romero e a súa viúva, a produtora Suzanne Desrocher-Romero. Encargada orixinalmente hai 50 anos pola Lutheran Society coma proxecto para denunciar os abusos aos maiores e a discriminación por idade, Romero aproveitou para facer un filme de terror cun home ancián coma protagonista.