Owen Wilson protagonizará a comédia de acción familiar Secret Headquarters para a Paramount Pictures e o produtor Jerry Bruckheimer.
A história vai sobre un rapazolo que descobre o cuartel xeral secreto do superheroe mais poderoso do mundo agocho baixo a súa casa, e debe defende-lo xunto ao seu grupo de amigos cando os falcatruáns o ataquen.
Henry Joost e Ariel Schulman (Project Power) dirixirán a partir dun guión que eles mesmos escribiron xunto a Josh Koenigsberg, baseado nunha história orixinal de Christopher Yost. Chad Oman será o produtor.
A Wilson, que non aparece nas pantallas de cinema dende 2017, poderémo-lo ver un pouco antes, na série Loki da Marvel Studios.