Washington e Edwards, amor e ciéncia-ficción

571

John David Washington, o actor protagonista de Tenet, será a estrela doutro filme de ciéncia-ficción, neste caso True Love, que dirixirá Gareth Edwards para a New Regency.

A história está ambientada nun futuro próximo e está baseada nunha ideia orixinal de Edwards, que ademais de dirixir, escribe o guión e produce a película. Polo momento aínda non se coñecen mais detalles.

O proxecto será en todo caso a cuarta longametraxe de Edwards, despois dunha exitosa carreira no xénero fantástico, e na que se contan Monsters (2010), Godzilla (2014) e Rogue One: A Star Wars Story (2016).

Kiri Hart, quen xa traballou xunto a Edwards en Rogue One, será tamén a produtora.