Bezucha e Selim dirixen a Invasión Secreta

146

Thomas Bezucha e Ali Selim, dous realizadores sen experiéncia prévia no xénero, serán os directores da série da Marvel Studios Secret Invasion. A parella úne-se deste xeito a un proxecto no que xa figuran os actores Samuel L. Jackson, Ben Mendelsohn, Olivia Colman, Emilia Clarke e Kingsley Ben-Adir coma protagonistas.

Jackson e Mendelsohn repiten os seus papéis de Nick Fury e do Skrull metamorfo Talos. A história estará baseada no argumento que xa se deixou entrever ao longo da rematada cuarta fase do Universo Cinemático da Marvel: a raza alieníxena dos Skrulls está a se infiltrar na nosa sociedade humana e mesmo algúns dos superheroes da Terra foron substituídos nos últimos anos por extraterrestres que poden adoptar a súa fasquía.

Kyle Bradstreet (Mr. Robot) é o guionista e produtor executivo desta série, que durará seis episódios e ten previsto rodar-se en distintas localizacións de Europa este ano.