Boyega e Cornish regresan a defender o bloque

517

Dez anos despois de que o filme servira para lanzar as súas carreiras, o actor John Boyega e mais o realizador Joe Cornish volven reunir-se para faceren unha secuela do seu éxito de 2011 Attack the Block.

O filme orixinal, que é de salientar polo seu rebiricado inglés cheio de coloquialismos e que custa entender aos que non viven en Londres, ía sobre un grupo marxinal de rapazolos amigos do bárrio que sen pretende-lo atópan-se defendéndo-se a si mesmos e mais a todo o seu distrito contra unha invasión de áliens con dentes fosforescentes. Tanto Boyega coma Cornish manifestaran dende hai moitos anos o seu desexo de faceren unha segunda parte.

Ademais de coma director, Cornish regresa ademais coma guionista e produtor canda Boyega, Nira Park e James Wilson. Studiocanal, Film4, Complete Fiction Pictures e UpperRoom Productions serán os estudos que financien o proxecto.